Ánxela Fernández Callís
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xullo de 1992 (32 anos) O Rosal, España |
Alcaldesa do Rosal | |
2019 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | política, economista |
Ánxela Fernández Callís, nada o 11 de xullo de 1992,[1] é unha política galega do BNG, a alcaldesa do Rosal dende o ano 2019.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse en economía pola Universidade de Vigo. É membro da Agrupación Musical do Rosal. Concelleira do BNG no Rosal dende abril de 2016. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do BNG en dito concello e foi elixida alcaldesa ó lograla maioría absoluta con sete concelleiros,[2] sendo a primeira vez en toda a democracia que un grupo de esquerdas conseguise a alcaldía. Nas municipais de 2023 perdeu a maioría absoluta, polo que pactou co único concelleiro do PSdeG-PSOE para mante-la alcaldía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ánxela Fernández Callís". Facebook.
- ↑ TeleMariñas, ed. (15 de xuño de 2019). "Ánxela Fernández é a nova alcaldesa do Rosal". Consultado o 17 de xuño de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: María del Carmen Alonso Alonso |
Alcaldesa do Rosal 2019 - actualidade |
Sucesor: No cargo |